Se o pasado mes de novembro compartiamos co alumnado de 4º da ESO do IES Agra do Orzán unha especial sesión de Libros Vivintes vinculada á programación do 25N, nesta ocasión serán os mozos e mozas de 1º de Bacharelato, os que terán a oportunidade de afondar nas historias de vida dos seus veciños e veciñas.
Na aposta da Biblioteca Ágora por traballar cos institutos da súa contorna e facer da súa relación con eles unha biblioteca vivida accesible á mocidade, sumamos nesta V Edición a participación do Centro Tomás Barros de Formación Profesional, sito na nosa área de influencia.
Na sesión previa co alumnado de Atención á Dependencia e Educación Infantil do CPR Tomás Barros
Coa finalidade de explicar a esencia do proxecto e o procedemento para facer a escolla dos diferentes libros participantes, achegámonos ao longo desta semana a ambos centros educativos onde tivemos ocasión de resolver dúbidas, compartir inquedanzas e espir coa presentación da proposta un modelo de biblioteca onde o importante son as persoas.
Nesta edición o alumnado participante terá a posibilidade de escoller entre tres títulos:
Sexa cal sexa a escolla, de seguro non deixará indiferente a ninguén, pero iso saberémolo despois de térense celebrado as sesións os vindeiros días 23 de febreiro e 1 de marzo. Para aqueles que devecen por escoitar e vivir máis dun título, sempre está a graza de compatir cos compañeiros as historias acontecidas na sesión do lado.
Deixámosvos xa que logo, o enlace para que poidades facer efectiva a votación. Contamos con vós! E lembrade introducir nome, apelidos e centro de ensino!
Tamén poderedes votar facendo click na imaxe!
Sempre un pracer!
Gustáronme moito os textos. Teñen verdade dentro.
Bo día Nocturnal,
Grazas pola achega do teu comentario. Alegrámonos que desfrutaras coa lectura dos textos dos vindeiros Libros Vivintes.
O mérito é das persoas que se agochan detrás dos mesmos.
Apertas
Pingback: A nosa biblioteca vivinte segue a crecer! | Suma Ágora