Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Fotografías e Audiovisuais

Ademais de ver parte do traballo relacionado co proxecto Suma Ágora na propia Biblioteca, desde este blog queremos facilitarvos que poidades acceder a el deste Internet.

Así, por exemplo, podedes descubrir unha parte importante do noso fondo fotográfico neste  enlace e ir afinando as buscas a través das etiquetas. A maiores, temos tamén o Taboleiro en pinterest, composto por unha selección das imaxes máis bonitas e interesantes de cada bloque.

Tamén no pinterest temos unha selección dos estupendos debuxos que os nenos e nenas dos coles da zona Ágora fixeron sobre os elementos máis representativos do barrio, e cos cales realizamos unha liña do tempo ben particular.

Temos tamén unha canle en youtube con unha mostra pequeniña dos vídeos que se gravaron ao longo do proceso de traballo, e que serán editados e difundidos neste blog ao longo do 2013.

Finalmente, os bloques temáticos da exposición Suma Ágora poden visualizarse no flickr: A nosa xente, Lugares de vida, Aquí sempre fomos moi deportistas, Tempo de lecer e Na hemeroteca

 As vicarias nas festas de San Pedro
pescadores2

2 comentarios en “Fotografías e Audiovisuais

  1. Pingback: Aquí pasan cousas! | Suma Ágora

  2. Pingback: Unha Biblioteca que mira máis alá de si mesma | Suma Ágora

Deixar un comentario