Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Ti tes moito conto!

103095eb141351234be63ea93dfde935

 

TI TES MOITO CONTO!

En que consiste?

A proposta Ti tes moito conto! é unha iniciativa de fomento da lectura que poñemos en marcha no 2015, ligada á celebración do Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil. Así, a temática sobre a que traballaremos en cada edición será sempre a escollida polo IBBY como tema central do Día LIX do ano corresponte.

 

Obxectivos

Con Ti tes moito conto!  buscamos traballar en dous aspectos que cremos de interese para os hábitos do alumnado participante: dun lado o fomento da lectura a través do coñecemento lúdico de contos e historias clásicas ou de tradición popular; doutro, a colaboración e o traballo en equipo entre profesionais e alumnado de centros diferentes e de realidades que non son as que viven a diario.

 

Como se desenvolve?

 A través da colaboración da Biblioteca Ágora con dúas entidades da nosa contorna, o CEIP Raquel Camacho e a asociación Aspronaga.

Neste sentido, o desenvolvemento da proposta conleva para o 2015:

a creación de grupos de traballo compartidos entre alumnado do CEIP Raquel Camacho e Aspronaga

a utilización común de espazos dos dous centros e a axuda/apoio de persoal bibliotecario para as dinámicas de traballo que se leven a cabo

a cooperación entre os dous centros para o desenvolvemento dunha iniciativa común

 

Ti tes moito conto (3)

ttmc 330

 

Metodoloxía

O proceso de traballo de Ti tes moito conto! comeza cunha escolla inicial de cinco historias de tradicións culturais diferentes, a partir das cales cinco diferentes grupos de traballo recrearán, cada un ao seu xeito, eses contos que forman parte do acervo común de narracións populares das diferentes identidades.

 

Cando?

Sempre en datas vinculadas á celebración do Día Internacional da Literatura Infantile  Xuvenil.

 

Como participar?

No 2015 esta actividade desenvólvese en colaboración con Aspronaga e o CEIP Raquel Camacho, mais é unha iniciativa aberta a calquer colectivo ou centro de ensino interesado na mesma.

 

Quen?

 Biblioteca Ágora

 

 

Un comentario en “Ti tes moito conto!

  1. Pingback: Unha Biblioteca que mira máis alá de si mesma | Suma Ágora

Deixar un comentario