Que fixemos?
O traballo de relación co barrio que desenvolvemos desde a Biblioteca Ágora atinxe diferentes destinatarios e programas, desde aqueles dirixidos aos máis pequeniños (bebés e escolas infantís) até os que atenden necesidades das nosas e dos nosos maiores (alfabetización dixital, lectura fácil …).
Velaquí unha simple listaxe de moitas destas actividades. Caso de quixerdes saber máis dalgunha en particular só tedes que nos escribir a bagora@coruna.es
2011-12
Coñecemento do entorno
- Elaboración directorio colectivos e entidades
- Desenvolvemento de 32 entrevistas
- Xuntanzas con colectivos e entidades do barrio
- Traballos de escaneado hemeroteca
Achegamento á veciñanza
- Programa visitas guiadas Aberto por obras
- Escaneado fotos veciños
- Preparación do mural de caras para a Biblioteca
Apertura Biblioteca
- Liña do tempo (infantil)
- Libro dos desexos (familiar)
- Cadernos informativos sobre as bibliotecas
- Preparación vinilos proxecto Suma Ágora
- Video trailer Suma Ágora
- Video A Biblioteca
- Punto informativo para axentes do barrio
2012-2013
2013-2014
2015
2015-2016
- Falamos na sección “Conversas con…“: David Sobrino, Brais Rodríguez, Beatriz Maceda, Isa Risco, Vanesa Santiago e Ramiro Torres
- Roteiros polo Barrio cos CEIP Raquel Camacho, CEIP María Barbeito e CEIP San Pedro de Visma
- Ti tes moito conto! co CEIP Raquel Camacho e CEE N.S de Lourdes – Aspronaga
- Libros Vivintes (Novembro, 4º ESO) co IES Agra do Orzán
- Libros Vivintes (Febreiro, 1º Bacharelato e ciclos Atención á Dependencia e Educación Infantil) co IES Agra do Orzán e CPR Tomás Barros
- Celebración coas ANPAS do CEIP Raquel Camacho, CEIP María Barbeito e CEIP San Pedro de Visma do Día Internacional da Lingua Materna e do Día de Rosalía
- Celebración do Día Mundial da Narración Oral con APEM (Asociación Pro-Enfermos Mentais da Coruña)
- Vismap Junior, en colaboración co Colectivo de Arquitectos 1AUN, co CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma e coa Asociación de Veciños Loureiro de Visma
- Ma come é bello vivere alla Coruña!, en colaboración co Colectivo de Arquitectos 1AUN, co IES Agra do Orzán e co Istituto di Istruzione Superiore Benedetti Tommaseo (Castello, Venecia)
- Celebración das Letras Galegas co CEIP María Barbeito: Chiscadela a Manuel María
2016-2017
- Falamos na sección “Conversas con…“: Anxo, Román, Ana e Fátima -alumnado do IES Agra do Orzán e campións nacionais de Halterofilia-, Álvaro Muras, Henrique Rabuñal, Dores Tembrás, Cheikh Faye e Rubén Neira Cousillas
- Roteiros polo Barrio cos CEIP Raquel Camacho, CEIP María Barbeito e CEIP San Pedro de Visma
- Roteiros polo Barrio co IES Agra do Orzán (alumnado 3º ESO)
- Libros Vivintes (Xaneiro, 4º ESO) co IES Agra do Orzán
- Libros Vivintes (Marzo, 1º Bacharelato) co IES Agra do Orzán
- Libros Vivintes (Maio, 4º ESO) co IES Rafael Dieste
- Celebración das Letras Galegas coa proposta Ramalletes editoriais
- Coruña Verde, descuberta urbana dunha cultura sostible, en colaboración co IES Agra do Orzán e co Istituto di Istruzione Superiore Benedetti Tommaseo (Castello, Venecia) e coa participación do grupo de traballo Biblioteca Verde da rede municipal de bibliotecas
2018-2019