Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Exposición itinerante

 

Cartel Suma Ágora SPV

Que é? 

O traballo de localización, escaneo e dixitalización de imaxes e a información obtida nas xuntanzas e entrevistas aos axentes dos barrios permitiunos deseñar unha exposición centrada na identidade e nas características centrais dos mesmos. Fixémolo, a mantenta, nun formato que fixese posíbel que eses contidos se puidesen achegar a moitos espazos diferentes, para facilitar a súa divulgación e coñecemento.

Contidos e difusión 

Nos once paneis que a compoñen está o barrio: as persoas, os espazos, o traballo e o lecer, as festas, os colectivos e asociacións, a cultura, o ensino, o deporte, o comercio, a historia e a memoria, a diversidade, … Mais quixemos que eses contidos estivesen tamén presentes de xeito directo no barrio. Con esa intención organizamos a itinerancia da exposición por centros de ensino (IES Agra, Centro Tomás Barros), centros cívicos (Mariñeiros, San Pedro de Visma) e locais asociativos (Ventorrillo, Agra do Orzán) dos nosos barrios, que se desenvolveu ao longo do 2014.

Folga dicir que isto non sería posible sen a xenerosidade dos colectivos e das persoas coas traballamos todos estes meses, que nos permitiron manexar un fondo fotográfico amplo e de grande valor. Especiais grazas temos que dar a Xosé Ramón Calvete, da Asociación de Veciños de San Pedro de Visma, e a Gelín e o resto de compañeiros seus da Chave dos Mariñeiros, pola súa colaboración no acceso ás fotos que gardaban con celo e cariño.

Onde a podemos ver

Podedes ver o resultad0 neste enlace e ir afinando as buscas a través das etiquetas. A maiores, temos tamén o taboleiro en Pinterest , composto por unha selección das fotografías máis bonitas de cada bloque. Finalmente, os nenos e nenas dos colexios da zona debuxáronnos os elementos máis representativos do barrio aos seus ollos, e tedes aquí o estupendo resultado.

 

as

2014-03-06-10-47-49

Un comentario en “Exposición itinerante

  1. Pingback: Unha Biblioteca que mira máis alá de si mesma | Suma Ágora

Deixar un comentario