O mundo do graffiti e o barrio do Ventorrillo camiñan dende hai tempo nunha mesma dirección. As intervencións nas paredes do local da Asociación de Veciños son parada obrigada nos roteiros co alumnado do CEIP María Barbeito.
“A esencia é ver o graffiti na rúa” Brais RT
Biblioteca e Barrio
Para Brais, poñer en valor e aprofundar na arte graffiteira é un dos motivos polos que este mozo, gañador de dúas edicións do Xuventude CREA 2012 e 2014 na especialidade de Graffiti, visita a Biblioteca Ágora e comparte algunhas das súas inquedanzas con nós.
A verdade é que o teu nome era unha constante en cada un dos roteiros que compartiamos co alumnado do María Barbeito. Yasmine, da Asociación de Veciños, lembraba que ti eras o “graffiteiro oficial” do local. Cal é o teu vencello coa AAVV?
Co alumnado do María Barbeito diante da AAVV. Facendo a onda vital con Son Goku Superguerreiro pintado ao fondo
Eu son do barrio de toda a vida e comecei “trasteando” dende os quince anos. A orixe do graffiti é ilegal e pasou tempo ate que me deron permiso para pintar dentro dos túneles. Logo déronme muros, e despois intereséime polo local da asociación de veciños que estaba feito un desastre e cumpría darlle unha man, pintar algo. Así é que fixemos un evento, pagáronnos a pintura, trouxemos xente de fóra para que fixera a intervención con nós e propuxémonos mudar cada verán as paredes. Utilizamos temáticas ben coñecidas de debuxos e demáis porque hai un montón de nenos no barrio, o María Barbeito está ao lado e cando saen da escola pasan por aí.
Nós procuramos achegarlle ao alumnado a diferencia entre un graffiti e unha pintada. Cal sería a explicación dun graffiteiro?
Pois é que a tradución literal de graffiti é pintada, e na súa orixe é ilegal. A verdade é que o graffiti foi evoluíndo co paso do tempo, pero non se trata de pintar por pintar. Cada quen ten o seu estilo propio, pero sempre tentamos mostrar algo. A xente que tenta depurar un pouco o que fai, procura pintar en sitios máis degradados e facer que o seu graffiti se poida aproveitar, que teña algo vistoso ou algo bonito. Dalgún xeito é rehabilitar, restaurar…
A esencia do graffiti
Compoñente artística, reivindicativa…Por qué comezas a facer graffiti?
Visitamos o barrio na compaña de Brais, que nos explica cada un dos detalles dos graffitis dos túneles do Ventorrillo, espazos para os que conta con permisos de intervención. A poucos metros vive dende hai anos
Hai infinidade de técnicas: aerosol, pintura de aceite, tizas…Cal é a túa?
Graffiti no barrio do Ventorrillo de KOME, amigo de Brais e outro consolidado graffiteiro. Ambos pertencen á crew NON ME FODAS Crew-Grupo de artistas ou “writers” que compoñen un graffiti e traballan xuntos.
Todo iso que mencionas entra máis ben no arte urbano, street art, onde se usa todo, calquera elemento da rúa: plantillas, rodillos, pegatinas, papel adhesivo. Agora por exemplo, en vez de manchar a parede facendo un debuxo, o que fas é limpar a parede para facer o debuxo. Pero o graffiti para os máis puristas é un pouco máis estrito.
O graffiti vai con spray. Son letras, é estilo, cor. Logo xa entramos na parte ilustrativa, pero iso xa é máis complexo de entender, porque:
Son un elemento máis para completar o graffiti? Ou son ilustradores que se meteron a pintar con spray porque o material lle compensa e da un bo resultado?
Neste punto Brais acláranos que a metade do graffiti que se ve agora en España non é tal. Trátase de ilustracións e intervencións estéticamente máis adsequibles para os públicos, pero que non teñen a súa base no graffiti.
Postgraffiti, arte na rúa… como chamariamos agora ao graffiti?
Premios Xuventude Crea…que supuxo para ti ser finalista e gañador en dúas edicións coas obras Galician Octopusstyle e Estilo Salvaxe?
E para rematar...
É posible vivir do graffiti?
Sí. Hoxe en día hai un montón de xente vivindo do graffiti, pero só xente como Bansky pode vivir do ilegal ao reproducir obras e vendelas en galerías, por exemplo. Pero hai moitas persoas que comezaron pintando trens, sendo perseguidos, pagando multas e hoxe gañan a vida bastante ben dentro e fóra de España. Un exemplo é o Neno das Pinturas de Granada, que fai intervencións na rúa da súa cidade. Coincidín con el hai un par de anos e, por un lado ten as contas embargadas polo concello de Granada, e polo outro estase a facer un oco grande na escena internacional…
Ser graffiteiro é un xeito de entender o mundo e de relacionarte con el, ves potencialidades nun espazo como a Biblioteca ou o Centro Ágora?
Calquera espazo vale para o graffiti. Calquera lugar na rúa é ideal. Pero se falamos de edificios visíbeis que teñan un carácter cultural xa non digamos…
Qué é o graffiti?
- O graffiti é egocentrismo a tope. É que te vexan. Marcar o territorio ate no lugar máis tonto. O obxectivo de todo graffiteiro é que se vexa o seu nome en cantos máis sitios mellor.
Aquí tendes algúns dos títulos que podedes desfrutar na nosa biblioteca arredor do mundo do graffiti. As primeiras pezas “masterpiece” nos trens de Nova York, pioneiros como Taki 183 ou Cat 161. Referencias dos artistas consolidados dos cinco continentes, e un percorrido por un importante número de técnicas e estilos. Por exemplo, o do noso entrevistado Brais, que lle deu nome a unha das súas obras gañadoras: o Wildstyle, un estilo salvaxe de caracteres cruzados e distorsionados que non deixará indiferente a ninguén. Máis que unha recomendación…
FICHA EXPRESS de Brais RT
FICHA EXPRESS
Pingback: Roteiros en rede | Suma Ágora
Pingback: Descubrimos e poñemos en valor a nosa contorna cos roteiros polo barrio | Suma Ágora