María Nicolasa Paula Barbeito Cerviño (A Coruña, 1880 – 1970) foi unha socióloga, pedagoga, escritora, tradutora, lingüista e mestra coruñesa, comprometida co progreso e a xustiza social desde o campo da educación e a igualdade. Na labor pedagóxica introduciu en Galicia os principios de Montessori e o seu método, así como a figura dos “centros de interés”, do belga Ovide Decroly (1871-1932).
María Barbeito estudou na Escola Normal de A Coruña, resultando o nº1 da promoción. Encomendouselle a responsabilidade da “Escola Da Guarda”, que naquel momento era de formación de nenos. Dende a pedagoxía participativa defendeu sempre a superación das clases sociais e a intruducción da lingua galega nas escolas. No terreo social foi fundadora de institucións benéfico-sociais como: “El niño descalzo”, “El comedor y ropero Da Guarda”, “Gota de Leche”, “La Casa Cuna” e “Las Cantinas Escolares Concepción Arenal”; sen esquecer a famosa “Fiesta de la Flor”, que mais tarde se convertería na “Fiesta de la Banderita” da Cruz Vermella.
No 1941, aos sesenta anos, foi destituida por razóns políticas -tivera un pasado claramente republicano e galeguista- dos seus cargos académicos e forzada a se xubilar. Pertenceu ao Instituto de Estudos Galegos e á Real Academia Galega.
(Texto do alumno en prácticas Jacobo Sampedro)
Pingback: As nenas e nenos do María Barbeito, de roteiro polo barrio | Suma Ágora
Pingback: De roteiro polo barrio co CEIP María Barbeito | Suma Ágora