Na semana pasada tivemos a sorte de contar na Biblioteca Ágora con Lola Pereira, veciña dos Mariñeiros que leva anos traballando en temas de educación popular, narración oral e dinamización da lectura en Sudamérica, e moi especialmente na zona de Santa Teresa, en Costa Rica, onde ten establecido o seu fogar.
Dentro do programa Libros Vivintes -que desenvolvemos desde a Biblioteca en colaboración co IES Agra I- puidemos organizar un encontro con perto de 30 mozos e mozas de 1º de Bacharelato, no que a nosa convidada percorreu a historia da creación do centro de ensino de secundaria que puxo en marcha no país centroamericano, explicando de primeira man as dificultades e vicisitudes que tivo que superar.
O día anterior, nas sesións do Club de Lectura Ágora, tivera tamén unha xuntanza coas integrantes do mesmo, na que detallou o seu traballo como escritora e narradora oral.
Se queredes saber máis sobre esta nosa conveciña de orixe, podedes ler diferentes reportaxes sobre o seu traballo e tamén o texto que, baseado na súa vida, elaboramos para esta súa presenza entre nós.
Pingback: Sesión especial Día del Libro | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña