É xa costume que nas datas do Nadal agromen actividades aquí e alí, orientadas de xeito especial ás crianzas, aos nenos e nenas e ao público mozo. A apertura do Centro Ágora supuxo, no caso dos nosos barrios, unha notable ampliación da oferta cultural e das posibilidades de acceso ás actividades socioculturais para o conxunto da poboación. O Ágora, os Centros Cívicos, as asociacións de veciños e veciñas, as entidades sociais que traballan na zona… todas elas ofrecen ao longo do ano propostas diversas que conforman, ao cabo, unha importante dinámica coral dinamizadora do entorno.
Deixámosvos constancia neste blog tan só dalgunhas das actividades que terán lugar entre o 20 de decembro e o 8 de xaneiro polos nosos arredores. Para máis información podedes acceder a www.coruña.es/cultura
Venres 20.
Taller Ideas para o Nadal. No CCV San Pedro de Visma. Inscrición previa.
Taller Repostería de nadal. No CCV Mariñeiros. Inscrición previa.
Sábado 21.
Taller Cantámosche os Reis. Pablo Díaz e Olga Kirk. Ás 12 horas. Centro Ágora. Acceso de balde.
Luns 23.
Concerto solidario Xacarandaina. Centro Ágora. Ás 20 horas. Entrada de balde a cambio dun kg. de alimentos.
Sábado 28.
Concerto Agrupación Musical Albéniz. Centro Ágora. Ás 20 horas. Acceso de balde.
Xoves 2.
Festa de Reis Os Reis Magos están aquí. CCV San Pedro de Visma. Acceso de balde, previo convite.
Mércores 8.
Web serie Clases de lo social. Centro Ágora. Ás 21 horas. Entrada 8 euros.