Pezas audiovisuais de Mulleres Activas

A asociación Accem Galicia estrea este mércores ás 19 horas os documentos audiovisuais feitos no marco do proxecto Mulleres Activas 2.0. Trátase de Nós facemos Agra e Mulleres Activas no Agra, dúas pezas audiovisuais que se achegan á realidade da Agra desde unha perspectiva de xénero.
A primeira das pezas é unha reportaxe na que se pretende amosar a historia do barrio en perspectiva feminina, facendo fincapé no desenvolvemento do seu tecido comercial, social e veciñal.
A segunda das pezas, o lipdub ou video musical, foi gravado ao longo da rúa Barcelona coa veciñanza do Agra; un documento que na súa creación buscou xerar momentos de dinamismo no barrio e o achegamento do mesmo ao resto da cidade.
Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado
Acerca de xavier campos
Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.