Como xa anticipamos no blog, desde a Biblioteca Ágora estivemos traballando na elaboración dun audiovisual que vinculase palabra e movemento, texto e danza, para presentar a nosa Biblioteca e o noso barrio nos espazos e foros relacionados co mundo bibliotecario. Un deles é o da Asociación Española de Documentación e Información – SEDIC, que organiza cada ano un concurso de videos sobre a profesión. Sabedores do tema, preparamos unha versión reducida e en español -orixinalmente máis longo e en galego- do video que estamos a preparar e que en breve colgaremos nas redes sociais e neste mesmo blog. No entanto, podedes ollar este Verbas que danzan que xa está a concurso competindo con outros cinco videos de bibliotecas do conxunto do Estado, e se vos gusta podedes votar por el nesta páxina do facebook.