A presenza na Rede do barrio da Agra do Orzán é diversa e atende motivos ben dispares.
Estes son algúns que nós detectamos desde a Biblioteca Ágora, mais convidámosvos a que, a través dos vosos comentarios nesta entrada, nos descubrades ou suxirades outros e outras…
Sabemos que a da Agra é unha realidade moi plural, diversa e difícil de etiquetar, e iso gústanos. Por iso, simplemente queremos mostrar algúns dos elementos polos que aparece na Internet, para que tamén as e os que vos achegades a este blog teñades opción a completar e difundir moitos outros.
Velaquí algúns temas.
Veña, completade con novas suxerencias esta entrada … Pola nosa parte deixámosvos co moi interesante vídeo Agra: límites na densidade