No Ventorrillo vive e traballa un dos mellores músicos da nosa cidade, Álvaro Muras, que ademais é habitual usuario da nosa Biblioteca. Os intereses musicais de Álvaro son moi amplos e reflicten unha cultura aberta á experimentación e á diversidade, aínda que habitualmente se concretan a nivel creativo nunha sorte de funk fusión que desenvolve, fundamentalmente, a través do grupo Funkatro.
O pasado 18 de novembro Álvaro estreou na Rede o seu novo traballo, unha video-creación musical en branco e negro titulada Ajuste de cuerdas. Deixámosvos con ela!