Habitualmente traemos ao noso blog actividades puntuais que realizamos na propia Biblioteca ou que facemos da man de colectivos ou entidades da nosa contorna. Desta volta queremos facer referencia, simplemente, á dinámica de activismo cultural que está a caracterizar a actual etapa da Asociación de Veciños da Agra do Orzán. Música, conversas coa veciñanza, recuperación da memoria, roteiros polos barrios, exposicións, … de todo hai na oferta de actividades que este colectivo veciñal ofrece a toda a cidadanía no seu local da rúa Entrepenas, 38.
Desde a Biblioteca Ágora congratulámonos do activismo sociocultural das entidades da nosa contorna e damos os nosos parabéns, nesta ocasión, á Asociación de Veciños e Veciñas da Agra do Orzán, ao tempo que animamos a toda a veciñanza a participar das súas actividades e propostas.