Xa nos temos referido neste blog á importante presenza da música na vida das xentes da Agra do Orzán, Visma e o Ventorrillo. Sobre os sons e sobre as músicas traballaron especificamente desde o proxecto Música en Branco, e dunha das iniciativas que se desenvolveron nese marco sae agora á luz este documental, ‘Agra do Orzán: o barrio dos músicos‘, dirixido por Carmina Escrigas sobre unha idea orixinal de Rómulo Sanjurjo (Tres Laboratorio de Ideas).
O documental estreouse o 16 de novembro no Ágora, e é ben interesante. Convidámosvos a velo e a dardes a vosa opinión sobre o mesmo a través dos comentarios neste mesmo blog. Deixámosvos con el neste enlace de Música en Branco.
Pingback: FoliAgra, o festival da Agra de Orzán o sábado 20 de setembro | Suma Ágora