Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

Visionado de tempos pasados

No-Do-cabecera

O arquivo histórico do NO-DO, un dos principais elementos de propaganda da Ditadura franquista, resulta hoxe ben interesante para achegármonos a décadas pasadas e a momentos que quedaron filmados polas cámaras da altura.

Os barrios da Agra, do Ventorrillo, de Visma… non foron alleos ás visitas do ditador Francisco Franco e á consabida actividade audiovisual de difusión do seu réxime. Unha procura na páxina da RTVE permite localizar hoxe, a investigadores e a curiosos, a presenza da cidade no NO-DO, e dános a posibilidade de vermos hoxe imaxes coma estas…

Acerca de xavier campos

Descoñecido's avatar
Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

2 comentarios en “Visionado de tempos pasados

  1. Mónica Viqueira
    Agosto 27, 2013
    Mónica Viqueira's avatar

    Que interesante esta sección, grazas e parabens dunha veciña do bairro!

    • xavieragora
      Agosto 27, 2013
      xavier campos's avatar

      Moitas grazas, Mónica! Esperamos que o blog sexa útil como espazo onde van aparecendo contidos relacionados, dunha ou doutra forma, cos barrios da nosa zona de influencia. Aledámonos de que che guste!

Deixa unha resposta a Mónica Viqueira Cancelar a resposta

Información

Esta entrada foi publicada o Agosto 27, 2013 por en Agra do Orzán,Audiovisual,Espazos,Peruleiro e Mariñeiros,San Pedro de Visma , , .