Esta semana soubemos de tres novos proxectos culturais que se van desenvolver nos vindeiros meses dentro do programa Música en Branco e que parten, todos eles, da identidade e da realidade sociocultural do barrio coruñés da Agra do Orzán.
Como informa Praza Pública, “Hortas de ladrillo e casas de perexil, Feira Artesá e Agra do Orzán, o barrio dos músicos son os tres proxectos que se van desenvolver ao abeiro da acción cultural Música en Branco, a iniciativa de investigación, difusión e posta en valor da memoria sonora e musical deste barrio da Coruña. Despois de realizar unha primeira recolleita de información e contacto coa veciñanza Música en Branco seleccionou agora tres dos dezaseis proxectos presentados por artistas, colectivos, asociacións e empresas para desenvolvelos á volta do verán.”
Para saber máis, podes entrar aquí e aquí.