Suma Ágora

A Biblioteca Ágora, cos barrios da súa contorna

“Cada adolescente adecuadamente informada e orientada, é a mellor fonte de difusión”

“O traballo con adolescentes é fascinante, porque a adolescente está nunha etapa da súa vida na cal, se se logra captar adecuadamente a súa atención, pódese orientar da maneira máis axeitada. Dun xeito moi persoal digo que son como esponxas“.

O 14 de febreiro, coincidindo co Día dos Namorados celébrase o Día Europeo da Saúde Sexual. Celébrase desde 2003 a iniciativa da Alianza Europea para a Saúde Sexual (ESHA), organización non gobernamental que trata de concienciar e sensibilizar a homes e mulleres sobre a necesidade de adquirir e manter hábitos sexuais saudables. O certo é que a sexualidade forma parte do ser humano e contribúe ao benestar da persoa e, en definitiva, á súa felicidade. Por iso é tan importante fomentar a saúde sexual da poboación mediante o acceso á sanidade para todos os aspectos que poidan afectala, educar sobre a mesma na infancia e na mocidade, así como rematar cos tabús sobre sexualidade e moitos outros aspectos que inflúen na saúde sexual.

E para abordar cuestións como os dereitos sexuais, o sexo seguro ou a planificación familiar,  falamos na nosa sección Conversas con… Próspero Alberto Rojas Martínez , usuario da Biblioteca Ágora e médico cirurxián especialista en Xinecoloxía e Obstetricia pola Universidade Central de Venezuela.

Inquedanza pola saúde

“A forte influencia do exemplo cotiá recibido por parte de meus pais, sempre dispostos a axudar ao máis necesitado, así como a admiración polo exercicio da profesión de miña nai, fixeron que fose perfilándome para estudar Medicina“.

Nacín en Caracas-Venezuela, o 2 de decembro de 1966, meu pai era contador público e miña nai traballadora social. Son o terceiro de cinco irmáns e desde neno tiven inclinación cara ás ciencias biolóxicas. A maiores,  a forte influencia do exemplo cotiá recibido por parte de meus pais, sempre dispostos a axudar ao máis necesitado, así como a admiración polo exercicio da profesión de miña nai, fixeron que fose perfilándome para estudar Medicina. Estudei na Escola de Medicina “Luis Razetti” da Universidade Central de Venezuela, obtendo o Título de Médico Cirurxián no ano 1994. En 1998 ingresei na Maternidade “Santa Ana” do Instituto Venezolano dos Seguros Sociais, onde cursei os meus 3 anos do Posgrao de Xinecoloxía e Obstetricia, obtendo o Título de Especialista en Xinecoloxía e Obstetricia no ano 2001.

Durante o segundo ano do Posgrao, cursando unha materia chamada “Xinecoloxía Infanto-Xuvenil” puiden evidenciar e aprender, o complexo e delicado que pode resultar o manexo de pacientes nenas e adolescentes, vítimas de violencia de xénero, entre outras situacións vinculadas á saúde das mesmas; e hoxe en día, penso que o meu interese por este tema naceu grazas ao vivido e aprendido polos mestres da xinecoloxía Infanto-Xuvenil no meu país, como a doutora Bestalia Sánchez, a doutora Fanny Carrero, a doutora María Mercedes Pérez e o doutor Alfredo Caraballo.
Experiencia coa LOPNNA (Lei Orgánica para a Protección do Neno, Nena e Adolescente)

A LOPNNA entrou en vixencia en Venezuela o 1 de abril do ano 2000 co propósito de protexer os dereitos da infancia e a adolescencia en Venezuela, baseando os seus principios na Convención sobre os Dereitos do Neno. No seu artigo 48, entre outras cousas, establece que todo adolescente de 14 ou máis anos de idade, ten calidade xurídica para asistir a unha consulta médica de emerxencia, sen a autorización ou consentimento do seu representante legal; así como tamén o artigo 50, que establece o dereito que teñen á orientación e acceso á información, para o goce dunha saúde sexual e reprodutiva, o cal facilita a atención de poboacións de adolescentes provenientes de núcleos familiares de risco ou de extrema vulnerabilidade.

Na nosa experiencia no Servizo de Atención Integral á Adolescente da Maternidade Concepción Palacios, logrouse ensamblar un bo equipo de traballo, instruíndo a todo o persoal na maneira axeitada para o trato coas adolescentes. Traballando cun equipo integrado e comprometido lográronse excelentes resultados, reflectidos nas estatísticas médicas da área de influencia poboacional da nosa Maternidade.

Declaración dos Dereitos Sexuais

“A Asociación Mundial para a Saúde Sexual (W.A.S.), estableceu nunha revisión aprobada polo seu Consello Consultivo en marzo do 2014 e ratificada pola súa Asemblea Xeral en Singapur no ano 2015, pero lamentablemente os dereitos van depender de moitos factores, que á súa vez dependerán do país ou rexión do mundo, das súas crenzas e principios culturais

No que foi a miña experiencia en Venezuela, nun Servizo de Atención Diferenciada para Adolescentes, observei que se trata dun tema de desinformación grande, a todo nivel, que lastimosamente se repite unha e outra vez: condicións socio-económicas desfavorables, que promoven hábitos totalmente inadecuados e insanos; políticas de saúde que se plasman de boa maneira nun papel, pero que lamentablemente non se poñen en práctica de maneira realmente eficiente, polas razóns que sexan; o tabú de falar de maneira clara e explícita da sexualidade de maneira razoada e real, tanto no fogar, como nos distintos niveis educativos, tanto públicos como privados, onde non só reina a desinformación a nivel do estudantado, senón tamén a nivel de parte do profesorado. Na medida que se informe en xeral á poboación nos distintos niveis, será moito máis sinxelo poder lograr o obxectivo real, que é lograr unha verdadeira Saúde Sexual e Reprodutiva.

Por iso o vindeiro venres 16 de febreiro desenvolveremos na Biblioteca Ágora un encontro formativo dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Agra I. Nesa xornada, Próspero acompañará aos mozos e mozas para dar resposta a moitas das dúbidas que teñan en relación á sexualidade. Ao tempo, e froito da necesidade de falar de maneira clara e explícita sobre esta cuestión, tamén está prevista unha sesión formativa dirixida ás familias de adolescentes da ANPA o vindeiro venres 15 de marzo, desta volta unicamente para público adulto.

“Observei con moito agrado, que cada adolescente adecuadamente informada e orientada, é a mellor fonte de difusión. Por cada adolescente embarazada atendida dignamente, con respecto, con acceso real á información da nosa parte en todos os tópicos da Saúde Sexual e Reprodutiva, non só garantimos a súa concienciación, senón que como ente difusor, atraemos ao noso servizo outras adolescentes non xestantes que acoden na procura de información”.

QUE É PARA TI UNHA BIBLIOTECA?

Un sitio máxico e ideal para conectarte absolutamente con todo o referente á vida… é coñecemento, aprendizaxe, comunicación, difusión, socialización, globalización… para min é a vida mesma.

Un filme: “August Rush” / O Triunfo dun Soño (ano 2007). Dirixida por Kirsten Sheridan con Freddie Highmore, Keri Russell, Jonathan Rhys Meyers, Robin Williams.
Un Libro: “Ifigenia” de Teresa de la Parra.
Unha Canción: “Amo” / Axel.
Un Lugar: O meu fogar.
Unha Preocupación: O meu país / Venezuela.
Un Desexo: Vivir tranquilo, con calidade de vida, igualdade e liberdade.
 

Co desexo de alcanzar unha verdadeira saúde sexual e reprodutiva que contribúa ao benestar das persoas e á súa felicidade, despedimos a nosa conversa con Próspero este 14 de febreiro, Día Europeo da Saúde Sexual.

Grazas pola túa proximidade, pola entrega na colaboración coa biblioteca, por ofrecernos e compartir o teu coñecemento e experiencia, así como pola honestidade de facernos partícipes dunha situación persoal difícil que hoxe fai que o teu fogar tamén sexa Galicia.

Acerca de evavieites

Descoñecido's avatar
Bibliotecaria. Creo na biblioteca como experiencia social positiva. Un espazo para todo o mundo e o que implica en calquera contexto: prosperidade para todas as persoas.

4 comentarios en ““Cada adolescente adecuadamente informada e orientada, é a mellor fonte de difusión”

  1. María Mercedes Pérez
    Febreiro 20, 2024
    María Mercedes Pérez's avatar

    Buenas noches, soy la Dra. María Mercedes Pérez, Ginecólogo infanto juvenil de Venezuela. Felicito al Dr. Prospero por la elegante disertación de este tema tan importante para los adolescentes..En esta etapa de la vida se necesita de mucha guía y apoyo en los temas relacionados con la sexualidad, porque a pesar de la apertura para abordar estos temas, siguen existiendo mitos y falsos conceptos, no solo en el grupo de adolescente sino también en los adultos con los que hacen su vida cotidiana.

    • evavieites
      Febreiro 20, 2024
      evavieites's avatar

      Grazas Mercedes polos teus comentarios, segue a ser moi preciso entre a mocidade abordar mitos e falsos conceptos arredor da sexualidade. Foi un pracer contar co Dr. Rojas.

  2. Nicolás Cadarso Arrojo
    Febreiro 20, 2024
    Nicolás Cadarso Arrojo's avatar

    Deseo transmitir mi enhorabuena al Dr Rojas por su conveniente presentación. Como docente , tengo alumnos que por edad se encuentran atravesando la transición de la etapa infantil a adultos y que plantea tantos retos, cuando les acompañamos a lo largo de 10 años de su desarrollo (edades 8-18). Ha conseguido abordar los temas relacionados con la educación sexual del adolescente de forma amena y precisa , evidenciando su amplio conocimiento científico, y talento pedagógico. Nicolás Cadarso Arrojo, professor de piano, Conservatorio Profesional de A Coruña

    • evavieites
      Febreiro 20, 2024
      evavieites's avatar

      Grazas Nicolás polas túas achegas, o alumnado que recibiu a formación quedou encantado de resolver dúbidas con Próspero, un agasallo para a biblioteca Ágora.

Deixa unha resposta a evavieites Cancelar a resposta