Hoxe na nosa sección Conversas con… charlamos coa Diplomada en Ciencias Empresariais Rosalía Romarís García, Asesora do Servizo de Creación de Empresa da Fundación Mujeres na Coruña para poñer en valor o 25N, Día Internacional de Loita Contra a Violencia Machista.
Nacín en 1968 no Concello de Outes, estudei no cole público da vila e logo un FP Administrativo en Noia xunto con Informática de Xestión en Santiago, máis tarde decidín que tiña que seguir estudando e unha das opcións era facer empresariais na Coruña.
Nos anos noventa o que “todo o mundo” quería facer era entrar en banca, pero a min era un mundo que me parecía demasiado competitivo e no que se fomentaban as desigualdades sociais. No ano 94 fun a San Sebastián facer un curso de verán na Universidade do País Vasco titulado “Desarrollo sostenible. Un concepto a clarificar” e empecei a encaixar o meu crebacabezas. Tiña claro que quería dedicarme a traballar a favor da igualdade, e en todas as quinielas de desigualdade sempre as mulleres están peor! Así que… branco e en botella.
Tamén fixen voluntariado nalgunhas entidades, e no meu camiño de busca atopei a Fundación Mujeres!
Fundación Mujeres. A biblioteca como recurso ao servizo da comunidade
Estamos a falar dunha organización feminista, comprometida cos valores progresistas e democráticos do feminismo e consciente de que a igualdade é un elemento para o desenvolvemento da calidade social e democrática.
Fundación Mujeres imparte na Coruña formación a mulleres que buscan emprego e/ou teñen unha idea de negocio e queren estudar a viabilidade do seu proxecto. Por ese motivo precisamos espazos nos que poder levalas a cabo. O centro AGORA é un edificio magnífico, e a biblioteca ofrécenos unha aula de informática perfecta para poder acompañar ás mulleres no proceso da súa busca de emprego. E por suposto, o fondo de libros e material tan necesario para as alumnas, que desexan documentarse a fondo en calquera das dúas áreas.
En canto ao 25N, hai diversas accións en marcha, por exemplo o concurso de Micro-relatos contra a violencia de xénero, pódense ver as bases na nosa páxina web. O prazo para entregalos é até o 24 de novembro. https://educarenigualdad.org/blog/
Tamén se desenvolverá un obradoiro práctico o propio día 25 na Biblioteca Forum que pretende axudar ás persoas a intervir de xeito seguro cando son vítimas ou presencian situacións de acoso en espazos públicos. Polo tanto, está dirixido tanto a mulleres como a homes.
Con todo, a formación, a educación e a divulgación son os mellores mecanismos para concienciarnos da necesidade de elaborar un modelo social sen violencia, tolerante, solidario… o traballo nos colexios é moi importante. A través do www.observatorioviolencia.org recopilamos e seleccionamos información sobre o fenómeno da violencia de xenero nos medios de comunicación. Recóllense noticias, opinións, informes, documentos… clasificados por ámbito de actuación, por entidade ou por tipo de violencia. A través de www.educarenigualdad.org proporcionamos recursos para a educación en valores igualitarios e a prevención da violencia de xénero. A través da nosa páxina www.fundacionmujeres.es na pestana Webs FM están todos os nosos recursos online, para esta e outras áreas.
DOS REFERENTES
Penso que os referentes máis importantes para a miña vida son mulleres anónimas que souberon sacar a súa vida adiante e ás súas familias en situacións complexas, nas que nin a lei nin a sociedade, non só non as apoiaba, senón que estaban na súa contra.
As bibliotecas son espazos de refuxio, de encontro con outros mundos para viaxar sentadas nunha silla. Tamén son espazos de formación, por exemplo, desde a Fundación temos impartido algunha pequena charla de emprendemento, autocoidado e tamén formacións de emprego.
Por último dar as grazas a Rosalía por ter compartido con nós este petisco persoal e comprometido polo 25N, unha data na que Bibliotecas Municipais da Coruña levantan a voz contra a violencia machista. #TiDecides #BibliotecasSTOP Violencia #25N.
Deixámosvos coa fermosa canción de Paco Ibáñez, “Palabras para Julia...”
Tú no puedes volver atrás
porque la vida ya te empuja
Até sempre!