Como fixemos no seu día co CEIP Raquel Camacho, desta volta traemos á actualidade de Suma Ágora o premio que vén de recibir outro centro da nosa contorna, o IES Agra do Orzán.
Coordinados polos profesores Teresa E. Méndez e César Morán, un grupo de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato deste instituto (Mario Blanco, Claudia Gomez, Alba Gomez, Andreia F. Pereira, Nerea Rio,Sara Salvado e Michelle S. Trilck) elaborou unha curtametraxe que recibiu o pasado 24 de abril o segundo premio do Festival cinEOI, que organiza a Escola Oficial de Idiomas da Coruña.
O título do traballo é “A árbore da amizade” e podedes velo a seguir:
Desde a Biblioteca Ágora queremos parabenizar ao noso centro veciño por este premio, un galardón que reciben ademais tanto alumnado como profesorado co que temos traballado man a man no proxecto Libros Vivintes, do estamos a desenvolver unha nova edición estes días (5 e 12 de maio, con alumnos e alumnas de 4º da ESO e de Diversificación) e da que vos faremos unha ampla reseña nas vindeiras semanas.