“Un proyecto horizontal construido desde la base, en el que sectores tradicionalmente ‘sin voz’ cobrarán protagonismo en la generación de soluciones para mejorar el bienestar social y económico de su entorno, tomando las riendas de su ciudadanía.
Con Agra Civis, las 30.000 personas que conforman el vecindario del Agra do Orzán podrán abrir un proceso de descubrimiento y afirmación de su propia identidad como comunidad, intensificando su participación a través del asociacionismo y de la toma de decisiones. ”
Desta forma tan clara e ao tempo tan ambiciosa é que se posiciona e se explica a si mesma Agra Civis, a iniciativa financiada con 90.000 euros polo Programa Cidadanía Activa e que impulsa a ONG Ecos do Sur coa intención de “crear bienestar y desarrollo socioeconómico gracias a la coordinación y fortalecimiento de las asociaciones de Agra do Orzán y de la creación de espacios de encuentro y debate.”
Seis son as entidades participantes no proxecto: Ecos do Sur, Viraventos, Mestura, Cuarto Sector, Juan Soñador – Teranga e Manicómicos, cada unha das cales pon en marcha un proxecto particular dentro de Agra Civis. Deste xeito, Viraventos responsabílizase do programa Tecendo redes, que busca a integración laboral e social das mulleres inmigrantes da Agra do Orzán; a fundación Juan Soñador impartirá talleres para o desenvolvemento de habilidades sociais e creativas da mocidade do barrio; a ONG Mestura realizará asembleas cidadás para diagnosticar os problemas sociais que se dan no noso entorno e canalizar e fomentar a participación veciñal no desenvolvemento comunitario; a organización Cuarto Sector, da man do colectivo madrileño Cimas, porá en marcha unha iniciativa de empoderamento de líderes e decisores sociais e, finalmente, a compañía teatral Manicómicos traballará a abordaxe de problemas como a discriminación machista ou a racial a través do programa Narrando en prata.
Desde a Biblioteca Ágora saudamos a Agra Civis, que desde o último trimestre do ano pasado se veu sumar a outras dinámicas de participación postas en marcha nos últimos anos cun enfoque similar, desde Suma Ágora a Música en Branco ou Nós facemos Agra. Ao tempo, e retomando o espírito inicial co que a Biblioteca foi concibida, poñémola novamente a disposición como espazo de encontro e de interrelación para as persoas e os colectivos da nosa contorna.
¡Hola, amigos/as! ¡Muchas gracias por la difusión!
Graciñas a vós pola iniciativa e moita sorte no seu desenvolvemento. Estamos aquí para o que precisedes.
Pingback: Agra Civis, que barrio queremos? | Suma Ágora