@s da foto son parte dos compañeiros e compañeiras da Biblioteca, como vedes xente elegante no vestir e recatada e clásica na estética. Brincadeiras fóra, como é obvio é unha foto deste pasado Antroido, no que boa parte de quen traballamos nas Biblios Municipais quixemos participar directamente das festas contribuíndo coas nosas vestimentas.
Esa vontade de meter a vida cotiá na Biblioteca, de ser permeables e estar abertos ao que ocorre nas rúas, de facer sentir á xente que a Biblioteca é esencialmente súa (por algo é pública, de todas e todos), está sempre presente no espírito do que facemos no conxunto das Bibliotecas Municipais da Coruña.
No caso concreto da nosa, a Biblioteca Municipal do Ágora, pasou xa máis de un ano desde que o 29 de xaneiro de 2012 abrimos as nosas portas. O balance, en termos xerais, pódese consultar aquí. Moita xente, moitos socios e socias, moitas actividades, moitas anécdotas.
Por iso é bo revisitar, desde o agora, o video co que hai máis de un ano nos anticipabamos á nosa propia apertura, e no que veciños e veciñas dos nosos barrios de influencia nos contaban directamente que esperaban de nós. Con el vos deixamos por hoxe…
Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.