O pase de diapositivas require JavaScript.
1. Parece que temos a indubidable dicha e máis dubidoso honor de contar coa satisfacción dos chuchos for free, os bicos de balde, as manifestacións de cariño gratuítas en tempos adversos. Nesta nosa contorna, no resto dos barrios da cidade, no resto das vilas, pobos, cidades, montes… Só hai que querer dalos!
2. Mais neste blog no que falamos dos barrios que rodean Ágora, hai algo que me chama profundamente a atención, e tamén ten relación co cariño de balde. Xs chuchxs. As cadelas, os cans, xs cachorrxs, que na nosa contorna, forman parte das vidas de grande parte da poboación deste mamotreto de cemento e formigón que se ergue rodeando de vida o centro e a biblioteca de Ágora.
Asumimos a vida dxs animais que nos acompañan como algo propio, algo do que somos donxs, coma se en lugar de seres vivxs foran adornos de nós mesmxs. E así é como aparecen xs chuchxs da nosa contorna, animais diversxs de catro patas que acompañan a animais diversxs de dúas, que camiñan con prisas cara as súas obrigas, que pasean calmadamente mentras esperan, que fan os recados diarios acompañadxs polxs seus/suas compañeirxs infatigables de aventuras cotidianas.
Ás veces, mentras me achego ás estanterías a colocar algúns libros, ou levanto a vista para ver se chove no fervor de dar turno para acceder a internet, termino cun sorriso na boca, mirando como algún/a compañeirx de catro patas mira cara adentro da biblioteca, esperando ver ao seu humán correspondente, como facía Mr. Bones no libro de Paul Auster, Tombuctú. Sempre conscientes de depender doutro ser, sempre conscientes da súa labor de coidadorxs desx humán ao que lle dan cariño, coidado e equilibrio emocional. Outras veces saio a fumar antes de abrir e aí están no verde, xogando mentras seus humanxs falan tranquilamente ou mírandoxs abraiadxs… porque xs nosxs chuchxs son sempre xs mellores do mundo para nós!
Así pois, entre chuchxs e chuchos, transcurren os días nesta fervenza de formigas e edificios. Mais esxs amigxs fan máis fácil o noso día a día. E por iso, a nosa homenaxe desde Suma Ágora a/os compis non humanxs que dan diversidade á nosa contorna.
E que vivan os chuchos!
Precioso e merecida homenaxe a estes cativos de catro patas. Haberá un día en que as bibliotecas teñan o seu espazo para eles e elas?
Estupendo homenaje… y seguro son los que mejor se portan
Eu confio en que si Jorge, sego sen entender porque os nosos amigos non poden entrar na biblioteca cando imos a devolver un libro ou a recoller unha película, non o entendo…
Chulirmo!!!!
Pingback: Os nenos deciden « Suma Ágora