O domingo 29 de xaneiro deste 2012 é a nosa data de apertura. Farémolo cunha xornada de portas abertas e cun programa de ocio e lecer que incluirá maxia, monicreques, música, actividades de fomento da lectura e visitas guiadas polo espazo do Centro e da Biblioteca.
– A Compañía Trinke Trinke presenta: “Unha de ratos”. Con ela preséntase o programa Merendas con contos, que se celebrará na sala infantil da Biblioteca os luns cada quince días.
Destinado ao público familiar con nenos/as de 3 a 7 anos.
Dúas sesións, ás 12:30 e ás 17:30 h.
– Visitas guiadas pola biblioteca con participación dos distintos membros de la familia Ratapón. Compañía Trinke Trinke. Todos os públicos.
Ás 13:15 h. e ás 18:15 h.
– O mago Chrystyan Magic presenta un espectáculo de maxia, música e son baseado no libro “Chrystyan Magic Atrapado na torre” . Todos os públicos. Duración: 1 h.
Ás 18:30 h.
Lugar: Vestíbulo do Auditorio do Centro Ágora.
– Continental Producciones e Algarabía presentan: O Soldadiño de chumbo, editado por Galaxia con imaxes da multipremiada curta de animación. Tamén farán unha presentación da aplicación para iPad, chea de movimento e interactividade.
Ás 19:30h.
Lugar: Aula 2 da Biblioteca Ágora
– Visitas guiadas pola biblioteca cada 20 minutos. Durante todo o día e en tanto no teña lugar a actuación da Compañía do Trinke Trinke, o persoal realizará visitas guiadas pola biblioteca con explicación de espazos, programas, actividades, etc.
Lugar: Biblioteca Ágora.
– Exposición Suma Ágora. Breve presentación ás 11:30. Na aula 1, vídeos sobre a temática do mes: A Biblioteca.
Lugar: Biblioteca Ágora.
Xa sabedes, estades convidados e convidadas.