François Davó naceu en Le Mans hai 52 anos, escritor, tradutor de poetas galegos ao francés, de obras francesas ao galego e docente no IES Agra do Orzán, licencióuse en Letras Iberoamericanas na Facultade epónima de París adicándose especialmente á poesía contemporánea.
Hoxe comparte con nós a sección Conversas con…co gallo da presentación no día de onte da súa última escolma poética na libraría Moito Conto. Co título “Ónix, Abrollar” e da man da editora Espiral Maior, fomos protagonistas dun encontro que contou coa presenza do autor, de Antonio Sandoval e da música de Alberto Laso.
É o barrio no que traballo actualmente, e levo pouco tempo. Entón é por unha banda o lugar onde eu comparto unha serie de cousas e tamén onde recibo outras, porque mesmo na miña práctica docente, non acredito na verticalidade dunha aprendizaxe en dirección única, nen nunha xerarquía do saber esclerótica. É un barrio de intercambios, tamén, porque é un barrio multicultural, e iso é unha beizón, unha oportunidade. Logo tamén é un barrio que ten este Centro Agora, como un corazón que bombea sinerxías, coñecemento/lecer e activismo socio-cultural. Outra fonte de osíxeno para un bairro xa de por si tan ventoso. Desde o espazo que nos acolle como punto de encontro…
Moita xente as define moito mellor ca min. Pero para min é ante todo un espazo cívico. A cultura para a cidadanía. Un espazo de encontros, uns falangueiros, outros silandeiros e máis intímos: gosto moito desta dualidade das bibliotecas modernas. E para a comunidade educativa, a biblioteca pública, a do Ágora nomeadamente, é un espazo máis aberto, máis libre, fronte á rixidez e o corsé do noso sistema educativo.
A chegada a Galiza
Le Mans xa quedara atrás : pertence aos territorios da infancia. Pero ao rematar os meus estudos en París, faláronme da posibilidade de vir como lector de francés á Coruña. Como non coñecía, busquei nun mapa, e tiven ganas de coñecer algo novo. Cambiar París por A Coruña, foi un cambio radical. E para ben.
Mudou, claro. Aprendín, intentei comprender máis cousas. Quizáis hoxe perciba máis matizes. Unha realidade moito máis complexa do que vira nun primeiro momento. Pero ocorre que despois de tantos anos, un perde algo da distancia primeira.
Aparición da revista Azertyuiop
O fanzine Azertyuiop non se transformou nos Cadernos, a revista seguiu a súa propia andaina, durante unha tempada, antes de calar e aparecer de novo. Un grupo de amigo/as (Tati Mancebo, Dulce Fernández Graña, Alfredo Ferreiro e máis eu) fundamos os Cadernos, que foron sempre independentes da revista, pero cun guiño á súa maneira de facer as cousas (cunha edición máis coidada quizáis, pero ainda cos patróns da (sub)cultura do fanzine). Publicáronse poetas de Galiza, de México, de Portugal, algunha edición bilingüe dun poeta francés, e unha edición crítica dunha obra de Blanco Amor, da man de Dulce Fernández Graña. Foi unha fermosa aventura, nas marxes, de amizade e creación, un “fagamos o que nos peta desde a escasez dos nosos medios”. o que aínda non se coñecía como un D.I.Y.
Primeiros escritos...e premio Esquío de poesía en castelán no 1993
Eu estudara letras ibero-americanas na Facultade epónima de París. Adicándome especialmente á poesía contemporánea. Logo Diario de la lluvia xorde sen avisar, non houbera premeditación, primeiro foron experimentos de decir outra cousa, nunha lingua nova para min, que me abraira na voz da súa poesía.
Evidentemente, este primeiro recoñecemento sacoume do anonimato. O que mellor lembro foi a oportuniade de coñecer a xente que traballaba no certame, Fernando Bores, Julia Uceda, José Hierro.
Fíxose todo aos poucos. Por etapas. As tertulias, as amizades, grande parte da miña vida social acontecía en galego, lingua que eu aínda non falaba, nin sabía falar.
Pero coas lecturas, co meu descubrimento persoal da poesía galega, foise formando un humus. Para dar nacemento, paseniño, á unha nova voz. Logo tiven que aprender a falar, cousa que non era sempre doada en Coruña, pola dificultade de vivir unha imersión lingüística plena en certos ámbitos. Ademáis, un factor clave foi o que chamaría a cortesía. A que, por certo, nun ritual de agasallos e ofrendas, aínda se practica entre pobos chamados primeiros. Pensaba eu : acóllenme, convídanme a recitar, a publicar (Pilar Pallarés reunira un grupo de xente para traduciren ao galego poemas da miña autoría en francés para a revista « Luzes de Galiza »)… Como non responder á súa cortesía desinteresada? Por exemplo, usando tamén a súa lingua.
Os inmigrantes, como os nenos e as nenas, somos permeables. Aprendemos e copiamos do que escoitamos, do que vemos. Aos poucos o galego resultou ser algo do meu entorno, adoptóume… U-la fronteira entre a linguaxe común e a linguaxe poética? E tamén había cuestións prácticas: que sentido tiña recitar en francés nun bar de Coruña? Insisto en que non son ninguhna excepción : veño dun país que recibiu moita emigración. Milan Kundera, unha vez afincado en Francia, escribiu en francés, como María Casares declamaba en francés nos teatros de París. Póren, non abandonei a miña lingua materna. Pero no espazo público, optei polo galego.
Sábemolo: a tradución, a literaria, é unha faceta máis da creación. É outro xogo. É un re-creo, unha re-creación (como lle chaman ao recreo en Francés). É tamén, valga o tópico en tempos de peches de fronteiras, un achegamento á diversidade, un borrar esas fronteiras. A miña amiga Dominique Arban, tradutora de Dostoievski ao francés, tiña nos anos setenta un programa en Radio-France únicamente adicado ás letras estranxeiras que se chamaba “Estranxeiro, amigo meu”.
ESCOLMA POÉTICA ÓNIX, ABROLLAR
Asumo a herdanza. Chégame de xeito troncada, esmagada, esmigallada, pero asúmoa. O ónix como fonte de luz. O ónix é, entre outras, unha pedra de soños. Soñar para ver. Soñar para ser. Coa arela dun reencontro. Existe ademáis unha tradición, por exemplo en Xapón ou en China, de incluír as pedras, traballadas por humanos ou non, no eido da Arte. O poeta Victor Hugo agasallaba pedras aos seus seres máis amados.
Acepto o termo. Supoño que haberá quen fale de ecofeminismo, outro termo que tamén asumo. Porque ben é certo que é un libro femenino, dalgún xeito. (Ogallá fosemos quen de superar a dicotomía masculino/femenino, de asumir que somos as dúas cousas.) Unha poética animista, si. Estamos a falar da procura dun vínculo. Unha ligazón co mundo natural, salvaxe. Tal vez, para min, unha -sei que hai outras- definición aceptábel da poesía, canda menos na súa tradición primitiva, chámanica. A poesía para re-ligare. Pero mesmo con outras definicións, existe unha tradición poética nesta procura. Os primeiros versos do Canto general de Pablo Neruda... Evidentemente, estamos a falar dunha utopía. Pero ese é un territorio sagrado da poesía, unha reserva inviolable, un « coto de caza » da poesía (outra é a infancia, o xenio decía Baudelaire). Estamos a falar da deusa. A Nai, a natureza, a Pachamamá, segundo o nome que usemos. Remito á Robert Graves, obviamente, para os aspectos teóricos. Pero Ónix é iso, entre outras cousas: o canto dunha utopía eco-feminista.
Por suposto, e asumo tamén a herdanza simbolista. A erosión é fascinante, no que supón de lentitude, de dulzura mesmo, e, claro, de ineluctábel. Pero tamén de inabarcábel ao ollo, no intre presente. Cando agromo? Quizáis coa música do vento nas árbores. A das fontes. Coa amizade e os aloumiños das pedras…
A presenza dos devanceiros, dos homes e mulleres prehistóricos parece un punto importante de inspiración: Altamira, Chauvet-Pont d´Arc…Son unha inesgotable fonte de inspiración, emoción, e acougo (mediante un recollemento que precede a reflexión). A prehistoria exerce sobre min unha fascinación incesante desde a miña infancia. Logo das visitas, unha serie de lecturas consolidaron este abriao primeiro : é o caso de L’Art magique de André Breton. Interésame tamén a orixe -digamos chámanica- das artes… E mais a ligazón co mundo, coa vida salvaxe, como xa dixen. Máis recentemente fiquei emocionado polo que lin sobre a anécdota do neno ou a nena do facho da cova de Chauvet, e o corroboran investigacións científicas: o seu abraio ao contemplar as pinturas da gruta, cando él aínda pertencía a aquel mundo, cando a ligazón aínda non rachara.
Como ben o lembra Antonio Sandoval, o contacto co mundo natural pode ser fundamentalmente terapéutico. Tamén ofrece unha reflexion interesante o mergullador François Sarano cando escribe sobre os mamíferos mariños : o que nos aprenden os cachalotes sobre nós mesmo/as. O contacto, o diálogo coa natureza para sermos, para reconstruírmonos, para recuperar a ligazón da que xa falei.
Segundo a escola pitagórica, temos como seres humanos catro esencias, catro « vidas » encaixadas unhas dentro doutras: somos mineral, vexetal, animal, e racional. E así, para coñecérmonos deberíamos vivir esas catro vidas. Quizais unha forma de equilibrio, de harmonía consista en asumir estas catro voltas. E en canto á alma…Se voltamos a Victor Hugo : ou todo ten alma, ou entón nada a ten. Pero no primeiro caso, as pedras tamén. Non só os animais ou os vexetais.
A escolma poética está dividida en catro partes: Desde o escuro, agromar. Cuartetos da pena furada. Don do mar e Estación permanente muda.Son catro etapas. Catro momentos de encontros/creacións. A orde no libro non é aleatoria. Desde as primeiras inquedanzas, xorden dúas experiencias contemplativas, no mar e na Pena. A última parte recólleas nuns encontros moi humanos.
Eu teño preferencia recoñecida por Desde escuro, agromar…”É a miña codia un testamento” […]. No poema Tótem hai un verso para min especial…
- “É como amar o lume xusto cando o lume se vai apagando, así estamos no mundo”. É así como sentes que estamos no mundo?
Si. Este case-que-nada, esta fraxilidade, este intre voadizo… é a inmensidade do efémero.
Non forzosamente. Falando de nai, son as nosas nais, en plural. Múltiples. A da que nos separan ao nacer, claro. O mar añorado, medio vital. A árbore da que baixamos. A Deusa Natureza. Coa nosa familia de orixe natural, co mundo salvaxe, si deberíamos nutrirnos deses vínculos primarios. A familia anterior ao patriarcado e á propiedade privada.
Onde, porque, en que momento se trabucou a humanidade?
Un amigo que me fixo descubrir a poesía en lingua galega.
De escollas e referentes: Ramiro Torres, Xela Arias, André Breton, Alejandra Pizarnik, Joyce Mansour, Serge Pey, Xoán Abeleira, Fernán Vello, Eva Veiga
- Que representan e son para ti cada un destes nomes?
Encontros que cuestionan, que acougan e desacougan, e finalmente alumean.
Levo tempo coa poesía postal, en plena era dixital, voltar ás mans, ao papel, á tinta… E espallar arte e poesía por outros vieiros. E tamén, cada vez máis, o traballo colaborativo. Con artistas. Agora estou nunha etapa do que se podería chamar poesía sonora. Afastándome un chisco da imaxe, do visual, tan presente hoxe…
Segundo a mitoloxía clásica, as idades do home son etapas polas que ten pasado a humanidade desde a súa creaciónRecomendaría filmes primeiro. Laurence anyway, de Xavier Dolan. O filme de Godfrey Reggio, coa música de Phil Glass, Koyaaniskatsi, e, porque non, a triloxía completa. Un animé fermoso, cunha fonda reflexión sobre diversidade e liberdade, Os nenos lobos, Ame e Yuki de Mamoru Osoda. (おおかみこどもの雨と雪).

O magnífico libro de Antonio Sandoval Rey Para qué sirven las aves?, polo seu necesario esforzo de divulgación e pola súa poetización das ciencias da vida. Tamén o de François Sarano Le retour de Moby Dick, cunha atención particular aos capítulos 12 e 13 : para comprender os desafíos intelectuais e terapéuticos da vida salvaxe, para comprender como poderíamos voltar a aprender algo sobre nós mesmos/as, e a coidar de nós ao coidar o noso entorno. Mujeres que corren con lobos, de Clarissa Pinkola Estes e a poesía de Joyce Mansour ou de Pilar Pallarés.

Tamén recomendaría toda a Arte Primeira, da proto ou pre-historia, as actuacións musicais do dúo coruñés «Infusiones musicales» de Karlos Barral (percusións) e Alberto Laso (sitar), e desde a miña infancia, a obra de Jack London.
https://www.youtube.com/watch?v=LFBijDU8PpE
fantástica entrevista e marabilloso o poemario. Nos poemas. Parabèns.
Grazas pola achega Inma, un pracer compartir a descuberta de Ónix e o sentir de François na súa escrita con todas vós.
Uma excelente entrevista do amigo François Davó. Os meus parabéns
Grazas Luís, por compartir parabéns e destacar ao amigo, ao poeta.
Un pracer
Muy buena entrevista felicito a la Bibliiteca por acercar de manera presencial a autores de la talla de François Davo
Moitas grazas Graciela por destacar dous puntais fundamentais na nosa labor diaria: por un lado as persoas, que como François convidáronnos a facer parte deles coa súa escrita, e pola outra, a Biblioteca como espazo de difusión e achegamento á comunidade.
Un saúdo
Un gran placer para mi
Pingback: 5 poemas de François Davo - Palavra Comum